martes, 24 de noviembre de 2015

ALBORADA DE MARÍN

No seguinte enlace, podedes descargar as partituras, vídeos e audio mp3 da Alborada de Marín.

Pincha AQUÍ


Tamén podedes ver os vídeos en Youtube nos seguintes enlaces:

Alborada de Marín - Gaita 1

Alborada de Marín - Gaita 2

miércoles, 28 de octubre de 2015

ALUMEOS (PASODOBRE)

No seguinte enlace, podedes descargar as partituras e os vídeos do primeiro tema deste curso: ALUMEOS, un pasodobre de Faustino del Río. Este pasodobre está no arquivo do Coro Cántigas da Terra, da Coruña. Os videos, por despiste, quedaron con moito peso (aprox. 150 Mb) Polo de agora, o reparto das voces non o vou facer, que cada quén estude a voz que estime oportuna. Aínda non teño o audio, pero déixovos tamén un audio da Banda de Gaitas Abertal. As gaitas están en Si Bemol. Un saúdo. PINCHA EN ALUMEOS PRÓXIMO ENSAIO: VENRES 06 DE NOVEMBRO DE 2015

domingo, 15 de febrero de 2015

DANZA DE ENTROIDO



Título: Danza de Entroido, sacada do traballo discográfico Na Seitura do Barroso, de Pallamallada.

Danza de Entroido aquí podedes descargar as partituras.

Vídeo en Youtube, pincha aquí.

Un saúdo.

Xaquín


domingo, 11 de enero de 2015

XOTA DE NEAÑO

Aquí tedes a nova peza para o repertorio.

Podedes descargala no seguinte enlace:

XOTA DE NEAÑO

A xota é tradicional, eu escoiteina no traballo discográfico de Anamoura.

Nese enlace están as partituras e vídeo con frauta das dúas gaitas.

Estou traballando no audio, que hoxe estará listo. Polo tanto, logo aparecerá.

Un saúdo.