viernes, 29 de noviembre de 2013

Pasodobres de M. Riveiro e Guisol


Aquí tedes os pasodobres, na partitura están escritas as dúas voltas que ten cada pasodobre.

Podedes acceder aos vídeos pinchando nestes dous enlaces:

Pasodobres Gaita 1

Pasodobres Gaita 2

A estrutura da melodía é a seguinte:

Pasodobre M. Riveiro

A   A
B   B

Pasodobre de Guisol

A   A
B   B

Están escritas as dúas voltas porque nalgunha destas cambia algo a percusión.

Ou sexa, a melodía do primeiro pasodobre a temos na letra A e letra B, e volve a repetir o mesmo.

O segundo pasodobre, a melodía está na letra E e F, e logo repite, máis o remate, que está na última casilla da 2ª vez.

A ver se mañá podo colgar os videos.

LEMBRADE QUE O DÍA 13 DE DECEMBRO O ENSAIO COMEZARÁ ÁS 17 H., E REMATAREMOS ARREDOR DAS 21 H.

lunes, 11 de noviembre de 2013

ALBORADA do Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay

Aquí tedes as partituras, videos e o audio do arranxo desta Alborada, este arranxo está baseado no que da melodía tradicional editou Nova Galega de Danza no seu traballo discográfico "Tradicción".

Nesta peza, hai algunha nota que pode crear un pouco de confusión:

Na Gaita 1: nos compases 36, 52 e 91 temos un Fa#, no que podemos empregar a opción que mellor afine destas posicións,

Na Gaita 2: nos compases 36, 52 e 92 temos un Re#, que neste caso é a posición de Mi bemol, é son dúas notas co mesmo son. A isto chámaselle notas enarmónicas.

Polo resto non debería haber ningún problema.

Os que vexan que lle resulta un pouco complicada, que elixan a gaita 3, que non ten ningunha nota extraña, salvo na 3ª parte da Alborada, que vai ao unísono e temos o La bemol e o Mi bemol.

sábado, 2 de noviembre de 2013

A XEITOSA

Aquí tedes a primeira peza para este curso 2013-14, para ir preparándoo para o venres día 8 de novembro, que teremos o noso primeiro encontro.

Moi fácil para todos...

viernes, 24 de mayo de 2013

CARBALLESA DO MORRAZO

Aquí tedes as partituras da Carballesa do Morrazo, tocarémola o día 21 de xuño, no Festival de Fin de Curso que se celebrará no Auditorio do Concello xunto coa Foliada de Trabazo e Muiñeira da Grelada.

Están xa os vídeos con frauta, o luns poñerei os vídeos con gaita.


lunes, 15 de abril de 2013

FOLIADA DE TRABAZO

FOLIADA DE TRABAZO.

Aquí tedes unha nova carpeta, se xa tedes os videos, aquí podedes descargar o audio que puxemos no ensaio. O videos os colgarei mañá.




ARRANXO DA FOLIADA DE TRABAZO

Tedes abaixo, xuntos coas partituras anteriores da foliada, o arranxo da foliada de Trabazo. Esta noite ou mañá colgarei os videos do arranxo, das tres gaitas, tambor e pandeireta. Estounos volcando e leva moito tempo.

Neste arranxo, como xa comentamos o mércores pasado, hai que cantar o retrouso. A letra é a seguinte:

EU PEDÍNCHELLO, ELA DÉUCHEMO,
A CARÓN DUNHA CARQUEIXA,
EU PEDÍNCHELLO, ELA DÉUCHEMO,
EU DELA NON TEÑO QUEIXA.


Aquí tedes as partituras da Foliada que falamos o mércores pasado.

A gaita 1 é a máis sinxela, é a melodía principal. Polo tanto, os que queran tocar a gaita 1, con saber esa voz é suficiente; os que aprendan a gaita 2 deben saber a gaita 1; e os da gaita 3, deben aprender tamén a 1 e a 2.

Por agora imos aprendendo a foliada como está na partitura, e logo iremos montando nos ensaios a estructura pouco a pouco.

miércoles, 10 de abril de 2013

lunes, 18 de febrero de 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA


O vindeiro domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebraremos a “Alborada para Rosalía”, un acto promovido pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Dende a ETRAD animamos a todos os  que o desexedes a tocar a Alborada de Rosalía de Castro na PRAZA DA CONSTITUCIÓN ÁS 12:00 H o vindeiro domingo 24 de febreiro...para dar unha alborada de gloria en honra á poeta padronesa na nosa cidade. Haberá que estar un pouco antes para quentar o instrumento.
 Xa podes consultar toda a información sobre a Alborada para Rosalía:
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
O venres 22 de 19:00 h. a 21:00 h. haberá un ensaio no Auditorio da ETRAD para os que vaiades a participar.
Aquí abaixo tedes a partitura e o link para escoitala


miércoles, 16 de enero de 2013

Veño de Lonxe

Aquí tedes o material para o seguinte tema, unha muiñeira lenta de Roxelio de Leonardo Bouza. En breve incrustaremos os vídeos co tema tocado coa gaita ou coa frauta.