lunes, 11 de noviembre de 2013

ALBORADA do Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay

Aquí tedes as partituras, videos e o audio do arranxo desta Alborada, este arranxo está baseado no que da melodía tradicional editou Nova Galega de Danza no seu traballo discográfico "Tradicción".

Nesta peza, hai algunha nota que pode crear un pouco de confusión:

Na Gaita 1: nos compases 36, 52 e 91 temos un Fa#, no que podemos empregar a opción que mellor afine destas posicións,

Na Gaita 2: nos compases 36, 52 e 92 temos un Re#, que neste caso é a posición de Mi bemol, é son dúas notas co mesmo son. A isto chámaselle notas enarmónicas.

Polo resto non debería haber ningún problema.

Os que vexan que lle resulta un pouco complicada, que elixan a gaita 3, que non ten ningunha nota extraña, salvo na 3ª parte da Alborada, que vai ao unísono e temos o La bemol e o Mi bemol.

1 comentario:

  1. Boas Xaquin se non teño ningun problema no meu ordenador penso que os videos non estan colgados un saudo Xavier

    ResponderEliminar